A esperanza de vida dun técnico no Club Deportivo Lugo é de 207 días

Os técnicos non duran nin sete meses desde a chegada de Tino Saqués.
Hernán Pérez é o último nome na listaxe de vítimas de Saqués. (Foto: H.Pena).
photo_camera Hernán Pérez é o último nome na listaxe de vítimas de Saqués. (Foto: H.Pena).

A vida do adestrador de fútbol  é practicamente a dun nómade, coa maleta sempre preparada por se hai que cambiar de equipo, de cidade e de vida.

https://www.nosdiario.gal/articulo/deportes/cabeza-hernan-perez-picota/20221121180019156902.html

O exemplo máis paradigmático é o de Javier Irureta, técnico do Deportivo na época máis gloriosa do club coruñés, que viviu durante os sete anos nos que estivo vinculado á entidade branquiazul na habituación 514 dun hotel próximo a Riazor.

Rubén Albés é o que máis aguantou no cargo

Esa inestabilidade tan propia do cargo agudízase na cidade da Muralla, pois desde que Tino Saqués apostou por Luís Milla para liderar o seu primeiro proxecto como presidente albivermello o 1 de xullo de 2015 decorreron sete anos nos que polo banco albivermello foron desfilando, un tras outro, 13 preparadores diferentes.

Hernán Pérez, con 0'82, ten a segunda peor media de puntos por partido, só por detrás de Luís César

As estatísticas indican que aguantan no cargo, como media, 207 días, menos de sete meses, sendo o maior sobrevivinte Rubén Albés, que durou 436 días. No estremo oposto está Luís César Sampedro na súa segunda etapa (47 días), período no que tan só sumou 0,38 puntos por encontro, ránking no que o segundo é o recentemente cesado Hernán Pérez con 0,82.  

Comentarios