mércores 25/11/20

ERTE para a totalidade de xogadores do COB Ourense

O Consello de Administración do Club Ourense Baloncesto SAD aprobou a presentación dunha solicitude de Expediente de Regulación Temporal de Emprego "por causa de forza maior".
Xogadores recibindo unha palestra sobre o COVID-19 (Foto: COB).
Xogadores recibindo unha palestra sobre o COVID-19 (Foto: COB).

No día de hoxe, o Consello de Administración do Club Ourense Baloncesto SAD aprobou a presentación dunha solicitude de Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) "por causa de forza maior como medida fundamental para salvagardar a continuidade do Club e dos seus empregados no momento en que se poidan renovar as actividades".

O conxunto ourensán explica que a presentación do ERTE se realiza en virtude das medidas reguladas na Real Decreto-Lei 8/2020 do 17 de marzo de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, e precisa que afectará á totalidade dos empregados do Club, dado o aprazamento indefinido dos partidos tanto da LEB Ouro como das categorías inferiores do Club.

comentarios