ERTE no Club Deportivo Lugo

O equipo galego da Segunda División cursa un Expediente de Regulación Temporal de Emprego “para garantir a viabilidade da entidade e a conservación dos postos de traballo”

Na primeira volta, o Lugo-Dépor rematou con empate a cero. (Foto: CD Lugo).
photo_camera O ERTE será de aplicación tanto para xogadores como para técnicos e empregadas (Foto: CD Lugo).

O Club Deportivo Lugo, equipo galego da Segunda División, anuncia que “debido á situación excepcional” provocada pola crise sanitaria da COVID-19 viuse “obrigado” a tomar “decisións tan complicadas como necesarias para garantir a viabilidade da entidade, así como a conservación dos postos de traballo”.

Por iso, o consello de administración solicitou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), “coa finalidade de diminuír os danos económicos e sociais que está a xerar esta crise”, o que cualifican de “exercicio de responsabilidade e en aras de salvagardar o futuro do clube”.

O ERTE será de aplicación tanto para o persoal deportivo (xogadores e técnicos) como para o resto de empregados que, debido ao estado de alarma declarado polo Goberno español, “non poden desenvolver o seu traballo ao cesar por completo a súa actividade”.

Comentarios