Os equipos galegos toman vantaxe na loita polo ascenso a ACB

O Breogán venceu en casa ao Valladolid (95-83), mentres que o Ourense superou ao Lleida (75-61).

foto-breogan
photo_camera Fotos de CB Breogán e Ourense Baloncesto


Os equipos galegos da Liga Adecco Oro golpearon primeiro nas semifinais polo ascenso. Breogán e Ourense venceron en casa, con solvencia, e mantiveron o factor cancha na eliminatoria ao mellor de cinco encontros. De certificar o pase, os conxuntos do país loitarían na final pola única praza dispoñíbel na máxima categoría do baloncesto estatal. 

Ribeira Sacra Breogán Lugo 95 – 83 MyWigo Valladolid 

Empeceu o encontro mal para os xogadores do equipo lucense. O Valladolid impuxo o ritmo no comezo, pero o acerto ofensivo do Breogán conseguiu darlle a volta o resultado despois do descanso. Destacou de novo Álex Llorca, xogador mellor valorado do encontro. O escolta firmou unha actuación brillante, con 24 puntos, oito rebotes e sete asistencias, pero rematou o partido mancado e está en observación. Seguiuno Mamadou Samb, con 19 puntos, que pechou o partido cun triplo sobre a bucina. 

Ficha técnica

Breogán, 80: Dani López (9), Llorca (21), Matulionis (5), Van Wijk y Mc Ghee (10) -quinteto inicial-. Sergio Sánchez (5), Mortellaro (11), Álex López, Samb (19) e Edwards.

Valladolid, 65: Uriz (9), Rakocevic (7), Pino (7), Lucas (5) y Stobart -cinco inicial-. Montáñez (18), De la Fuente (17), Alvarado, Ucles (2) e Arranz.

Parciais: 15-18, 23-18, 25-20, 17-9.

Ourense Baloncesto 75- 61 Força Lleida 

O conxunto ourensán recibía a súa besta negra durante a temporada regular con ganas de revancha. No segundo cuarto, grazas a unha sólida defensa, conseguiu abrir unha diferenza de 10 puntos, que soubo xestionar a vantaxe para facerse coa vitoria. Guillermo Rejón e Marcos Suka-Umu foron os máis destacados, con dobres figuras, do Ourense Baloncesto.

Ficha técnica

Club Ourense Baloncesto (75): Rivero (9), Arco (7), Brothers (2), Fieler (9), Busma (9) –cinco inicial- Christian Díaz (8), Suka-Umu (10), Edu Martínez (5), Rejón (12) e Geramipoor (4).

Actel Força Lleida (61): Simeón (6), Kaufmanis (13), Sevillano (1), Múgica (0), Guerra (10) –cinco inicial- Sutina (6), Kahlig (12), Fakuade (13), Alzamora (0) e Vallverdú (0).

Parciais: 12-11, 18-9, 16-22, 29-19.

Comentarios