Sete equipos competirán por conquistar a II Taça Gallaecia de fútbol gaélico

Terá lugar o sábado, 10 de xuño, en Pontevea (Teo). O beneficio tirado do campionato destinarase ás persoas encausadas polo desaloxo do CSAO Escárnio e Maldizer.

gallaecia Torques fútbolo gAÉLICO

O fútbol gaélico, un total descoñecido até hai non tantos anos, arraigou con forza en Galiza. Tanto, que até hai dúas competicións ou ligas. Unha, a da Asociación galega de fútbol gaélico – que vén de se integrar na Federación Galega de Fútbol. Outro, o que se articula en torno á denominada Liga Gallaecia, que se distingue por ser, indican os promotores unha liga “mixta, de base e popular”. Naceu en 2013 e xa vai pola súa cuarta edición.

As equipas desta Liga tamén organizan a Taça Gallaecia, que esta fin de semana celebra a súa segunda edición. Será no campo de Praíña, en Pontevea, no concello de Teo, próximo a Compostela. Participan sete equipas: Condado, Cascarilha (ACoruña), Suevia (Compostela), Torques (Lugo), Ambilokwoi (Vigo), Afiadoras (Ourense) e Gróvios (Baixo Miño).

A primeira edición da Taça foi para Torques de Lugoslavia, equipa que tamén gañou a Liga 2016717. O beneficio tirado do campionato que decorrerá o 10m de xuño destinarase ás persoas encausadas polo desaloxo do CSAO Escárnio e Maldizer.

Comentarios