UN DOS PRESUNTOS ASASINOS FOI MEMBRO DO CORPO DE PARACAíDAS

Elévanse a 36 os detidos, entre eles un militar e un garda civil, polo asasinato de Jimmy

A policía practicou nas últimas horas 2 detencións máis en relación ao asasinato do seareiro coruñés Jimmy, segundo informaron fontes da investigación a Europa Press.

pantallazo youtube
photo_camera Imaxe dos incidentes capturada de Youtube

Na terza feira á noite, os 34 detidos en primeira instancia -nas últimas horas a policía praticou dous arrestos máis- comezaron a emprestar declaración nas dependencias da Brigada de Información da comisaría, da escadra, de Moratalaz. A previsión é que sexan trasladados esta quinta feira ao Xulgado de Gardia de Detidos.

Fontes policiais informan de que os detidos, todos membros do Frente Atlético, eran coñecidos pola súa filiación neonazi.

Un dos presuntos asasinos responde ás iniciais I.L.P., é taxista en Parla, ten dous fillos e a finais dos 90 pasou pola Brigada Paracaidista do Exército.

Hai, aliás, entre as persoas detidas, tamén un militar e un garda civil en activo -adscrito este ao cuartel de Rivas-. embora fontes policiais informan de que non están entre os sospeitosos de perpetraren diretamente a acción criminal que acabou coa vida de Jimmy, integrante da claque deportivista Riazor Blues.

Dos 36 detidos dous enfrentan cargos por homicidio e o resto, por participación en rifa tumultuaria e tenza ilícita de armas.

Comentarios