Neymar quixo aprender catalá para falalo na súa presentación no Camp Nou

O xogador brasileiro recibiu aulas do idioma propio de Catalunya por unha catalá residente en Sao Paulo mentres estaba na concentración da selección canarinha. Se Neymar fichase por un club galego...falaría o idioma común a Galiza e Brasil?

Neymar
photo_camera Neymar

Perante 50.000 persoas no Camp Nou e millóns a través da TV, radio ou redes sociais, o brasileiro Neymar falou catalán na súa presentación como xogador do Barcelona. Con naturalidade, mesmo sinalou que, como brasileiro, éralle máis doado falar en catalán que en español. A reacción da caverna mediática española xa condenou ao brasileiro entre acusacións que van de se deixar lavar o cerebro até tentar caer ben ao separatismo.

O certo é que Neymar recibiu aulas de catalán durante catro días, xornadas nas que estaba concentrado coa selección brasileira. As aulas foron impartidas por Bel Juvinyà, unha catalá residente en Sao Paulo. En declaracións a La Xarxa recollidas polo diario deportivo Sport, Juvinyá sinalou que ensinou uns “conceptos básicos· do idioma de Espriu.

"Neymar é un alumno moi aplicado, tivemos pouco tempo mais conseguiu unha pronunciación moi boa e fíxoo moi ben”

E se viñese para un equipo galego?

Neymar, brasileiro, falou catalán na súa presentación como xogador do Barça. Non sería extrano que, de ficar pola Erreala, tivese unhas palabras en euskera na súa presentación, tal e como fixeron outros xogadores.

Mais... e se fichase por un club galego, Celta ou Depor? Malia ser brasileiro falaría o idioma común no acto de presentación en Balaídos ou Riazor? Ou faríao nun esperpéntico español, como outros brasileiros que pasaron por Galiza?

Comentarios