Dúas nacións a facer melé: Galiza e Euskadi disputan un partido internacional de rugby

O encontro terá lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera este sábado día 11 de maio ás 5 da tarde, nunha xornada na que haberá unha manchea de actividades de lecer, deportivas e reivindicativas. 

Selección galega de Rugby-7 en Ovieu

As seleccións nacionais de Galiza e Euskadi disputarán este sábado, 11 de maio, ás cinco da tarde no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo un encontro internacional de rugby. Ese mesmo día, ás 12:00 horas, enfrontaranse as seleccións femininas de ambos os dous países.

Na presentación desta competición patrocinada pola Área de Deportes da  Deputación de Lugo, Antonio Veiga afirmou que “é unha ocasión magnífica para ver un partido oficial da selección galega de rugby contra un rival de moitísimo nivel, no que seguro que será unha festa do deporte e tamén de irmandade entre dous países que se ven privados da posibilidade de competir de xeito oficial coas súas seleccións nacionais”.

XXX aniversario

O partido forma parte do XXX aniversario da Federación Galega de Rugby (FGR). O seleccionador nacional da absoluta masculina convocou para esta cita a Iago Vázquez (Cisneros), Nicolás Negreira, Julio Negreira, Pablo Enríquez Megino, Javier Dovale, Miguel Mari e Antón Teijeiro (CRAT), Alejandro Díaz-Pache e Nicolás Cartelle (CR Ferrol), Carlos Parrado (Gernika), Borja Vera García-Portillo (AD Ingenieros Industriales), Rubén Sueiro (Salamanca), Pedro Miguez, Gonzalo Fernández e Carlos Comendador (Os Ingleses), Rodríguez de Uña e David Dios (Campus de Ourense RC), Luis Losada e Brais Pombo (Santiago RC), López Marques, Alejandro Blanco, Carlos Blanco, Javier A. Parga, Adolfo Rodríguez, Javier Abadía, Rubén Rodríguez, Joaquín Maguna, MarcosMuñíz, Daniel Vázquez, MIguel Freitas, Adrián Fernández, Pakito Usero (Blusens Universidade de Vigo), Esteban Arean e Daniel Fuentes (Lalín RC) e Rafael Jiméndez (Muralla).

Comentarios