O Seis do Nadal supera Peleteiro no segundo partido de Liga

Segunda xornada de competición, marcada de novo por restricións do Goberno e que finalmente se puido disputar grazas ao esforzo conxunto entre os dous clubes e a federación para que levase a cabo.

O choque caeu do lado das xogadoras locais (Foto: Seis do Nadal).
photo_camera O choque caeu do lado das xogadoras locais (Foto: Seis do Nadal).

As condicións climatolóxicas da fin de semana, que afectaron o pavillón a causa da humidade condicionou un Seis do Nadal-Peleteiro que rematou 47-42 a favor da entidade viguesa

Nun principio o partido xogouse con certa normalidade, aínda que as xogadoras ían con moita cautela pola pista e iso viuse reflectido no marcador, pois a primeira canastra anotouse no minuto tres, síntoma de que sería un partido bastante lento.

A inexistencia dos contraataques fixo que os puntos caesen en posesións longas de 5 contra 5 por parte de ambos os conxuntos, pois cada vez que intentaban elevar a intensidade defensiva xurdían as caídas.

O segundo cuarto foi a peor, e procedeuse ao parón do partido no descanso en busca dunha solución que finalmente chegou.

O equipo local conseguiu trasladar o partido ao pavillón de Navia e retomar o choque.

Xa alí, as viguesas atoparon os espazos necesarios para xerar puntos tras rebotes ofensivo e castigar baixo os taboleiros.

Comentarios