Diploma paralímpico para Desirée Vila en lonxitude

A atleta de Gondomar quedou sexta en Toquio. Ademais Adi Iglesias, medalla de ouro nos 100 metros, estará na final de 400 metros. Adrián Mosquera en piragüismo loitará en semifibais por un pasaporte cara a final.
A gondomaresa Desirée Vila competindo en salto de lonxitude (Xunta da Galiza)
photo_camera A gondomaresa Desirée Vila competindo en salto de lonxitude (Foto: Xunta da Galiza)

A galega Desirée Vila quedou sexta na proba de lonxitude T63 dos Xogos Paralímpicos de Tokio que se celebrou na quinta feira na capital nipoa. A gondomaresa logrou un mellor salto de 4,02 metros que lle leva a sumar un diploma paralímpico. Ao inicio do concurso de saltos realizou na xornada unha distncia de 3.99 para proseguir con 3.83, 4.00, 3.81, 4.02 e 3.59. 

O podio quedou conformado pola australiana Vanessa Low no máis alto (5.28), a prata foi para a italiana Martina  Caironi (5.14), mentres que a suíza Elena Kratter quedou co terceiro caixón (5.01). Tras a obtención deste diploma en lonxitude, Vila afrontará os 100 metros lisos, outra das probas na que posúe o título español. 

Esta tres veces campioa de España en salto de lonxitude, 60 e 100 metros lisos chegou ao atletismo após probar outros deportes despois dunha grave lesión. Unha mala caída cando tiña 16 anos mentres practicaba o seu deportes favorito, a ximnasia acrobática, derivou nunha amputación por neglixencia médica.

Aínda así continuou no deporte e percorreu varias disciplinas, desde o tenis en cadeira até a natación pasando polo baloncesto, até decidirse polo atletismo.

Adi Iglesias a por medalla nos 400 metros

Após conseguir o ouro nos 100 metros, Adiaratou Iglesias conseguiu conseguir clasificarse para a final dos 400 metros lisos na categoría T13 que terá o vindeiro sábado en Toquio. Na proba obtivo obtendo o mellor tempo da súa serie (55.70), polo que chegará á final, que está prevista para a madrugada da sexta feira ao sábado desde as 3.08 horas, nas mellores condicións para repetir a fazaña conseguida na primeira das probas nas que participou. 

Adrián Mosquera pelexará en semifinais

En piragüismo Galiza aínda conta con opcións. O rianxeiro Adrián Mosquera (Club Rías Baixas de Boiro) buscará o acceso á súa final despois do adestramento  realizado esta mesma quinta feira onde non gañou ningunha das súas series e a única forma de acceder de forma directa á pelexa polas medallas será pasar polas semifinais.

Mosquera quedou en sétimaposición na súa serie cun crono de 56.773, debido a que repetiu na modalidade de  KL3 (kaiak) cun rexistro de 49.740. 

Comentarios