Diploma olímpico para Caetano Horta

Pode que o medalleiro da Galiza aínda siga a cero nos Xogos Olímpicos de Toquio, mais a afección galega non vai escasa de alegrías, que na xornada de hoxe chegaron da man do Diploma olímpico do remeiro Cetano Horta e da vela, onde o sonense Iago López Marra marcha segundo clasificado no 49er masculino.
E7bAxJCWUCaetano Horta, co seu compañeiro Manel Belástegui despois de conquistar o Diploma olímpico. (Foto: COE).
photo_camera E7bAxJCWUCaetano Horta, co seu compañeiro Manel Belástegui despois de conquistar o Diploma olímpico. (Foto: COE).

Os deportes acuáticos continúan a deparar grandes alegrías para a afección galega, e co triunfo de Caetano Horta na Final B do Dobre Scull lixeiro os Xogos Olímpicos de Toquio xa forman parte dunha listaxe que comezou en Moscova 1980, edición desde a cal as galegas conseguiron, canto menos un Diploma olímpico.

O remeiro noiés, de tan só 18 anos de idade,  e na compañía de Manel Balastegui, conseguiu abrir o contador de éxitos do país na capital nipoa, e o seguinte paso podería ser unha medalla, para o que o mellor situado parece ser o sonense Iago López Marra.

Logo de seis regatas, Marra -acompañado polo cántabro Diego Botín- marcha como segundo clasificado na categoría 49er masculina de vela, aínda que empatado a 18 puntos cos líderes (Reino Unido) logo de seis regatas. Por detrás, Dinamarca ameaza desde o terceiro posto con só dous puntos de desvantaxe, e Nova Zelandia -teórica favorita- é cuarta a seis puntos. 

Peor sorte correu Nico Rodríguez na clase 470, pois logo de sumar unha décima e unha sexta posición están situado no sétimo posto na clasificación xeral, aínda que continúa a curta distancia do podio.

Tamén tropezou o arqueiro Dani Castro, quen caeu eliminado (2-6) na primeira rolda ante o taiwanés Chun-Heng Wei, e di adeus definitivamente a Toquio.

Afortunadamente, nos deportes colectivos os e as deportistas galegas sumaron un pleno de triunfos: Alberto Abalde no baloncesto ante Arxentina (81-71), Raquel Carrera e Tamara Abalde contra Serbia (85-70) e Alicia Fernández en balonmán fronte o Brasil (27-23).

Debutan Ana Peleteiro e Belén Toimil

A xornada desta sexta feira trae consigo a estrea do atletismo, e con ela o debut de dous dos nomes galegos máis importantes: Ana Peleteiro e Belén Toimil.

A saltadora será a primeira en disputar as cualificacións do triplo salto, ás 12.05, e 20 minutos despois fará o propio a lanzadora Belén Toimil. Ademais, ás 12.54 o boxeador Enmanuel Reyes, o 'Profeta de Monte Alto' competirá por un posto nas semifinais o cubano La Cruz.

Comentarios