Dezanove traiñeiras desputarán esta tempada unha Liga Galega na que volven Mugardos, Muros e Esteiro

Estréanse as embarcacións Virxe da Guía e Cedeira. 

Traiñeira de Perillo
photo_camera Traiñeira de Meira

Un total de 19 traiñeiras formalizaron o rexistro para participar na tempada 2017 da Liga Galega (LGT), competición que ano tras ano aumenta en embarcacións competidoras e difusión. Cinco van ser as novidades nesta tempada. Por unha banda, volven competir tres traiñeiras que nestes anos non puideron –por diversos motivos- saír ao mar. Son as de Mugardos, a de Muros e a de Esteiro. A isto engádase dúas traiñeiras que por primeira vez figuran na Asociación Liga Noroteste (ALN) e participan na liga Galega: Virxe da Guía (Teis, Vigo) e Cedeira. A nota negativa está en que Narón e as tripulacións B de Cabo e A Pobra non van competir este ano.

A competición decorrerá, como nestes anos, en dúas categorías, a A –integrada por 12 embarcacións- e a B-por sete-. Na primeira van estar Samertolameu de Meira, Pobra, Coruxo, Castropol, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán, Perillo e Rianxo. Na segunda categoría vogarán as tripulacións de Mera, Vila de Cangas, Mugardos, Cedeira, Virxe da Guía, Muros e Esteirana.

Para alén da LGT, na elite do remo en banco fixo, a Liga ACT ou San Miguel, esta tempada vai haber 3 embarcacións galegas: Cabo, Tirán e a ascendida Ares, que tentará conquistar por primeira vez para Galiza esa competición.

Comentarios