Detida unha terceira persoa como 'autor material' do asasinato de Jimmy

Foi apresada xunto con outra persoa en Levante. Pertencen ao Frente Atlético sección Levante.

A policía deu conta esta segunda feira de dúas novas detencións vencelladas co asasinato de Francisco Romero Taboada, Jimmy. Trátase de dous homes que foron arrestados en Valencia. Pertencen ao Frente Atlético, sección Levante. 

Sobre un deles pesa a acusación de asesinato ou homicidio. Segundo informaron fontes policiais á axencia de noticias Europa Press tería sido 'autor material' do crime cometido en Madrid o 30 de novembro. 

Con estas detencións suman xa 82 as persoas prendidas no seo da Operación Neptuno. A maior parte delas integrantes do Frente Atlético e dos Riazor Blues. 

Comentarios