Derrota cruel do Celta no Camp Nou perante un Barça inmenso

Os celestes protagonizaron un gran primeiro tempo, o que lle permitiu emontar un gol en contra e ir cun empate ao descanso. A segunda parte, foi dun furacán blau-grana.

celta barça LFP
photo_camera Imaxe: LFP

O Celta marchou do Camp Nou cunha derrota por goleada, 1-6, fronte un Barça que xogou ao seu mellor nivel. Un resultado que, tamén, supón un castigo excesivo para o equipo celeste, que protagonizou unha moi boa primeira metade e nunca deixou de ser fiel a si propio. A ausencia de xogadores determinantes (Aspas, Nolito, Orellana, Sergi ou Fontás), non foi empregada como excusa por Berizzo na comparecencia post-partido para xustificar ou excusar a abultada derrota.

O combinado catalán adiantouse cunha falta tirada maxistralmente por Messi no minuto 27. Apenas dez minutos despois, empataba Guidetti para o Celta nun penalti cometido por Jordi Alba sobre o sueco. Mais na segunda parte, as cousas cambiaron. O Barça empurraba con forza e ao Celta costáballe saír. Nun dos ataques celestes Guidetti íase do último defensor (Piqué), que desviou coa man o 'chapeu' que o celeste lle fixo. O colexiado non sancionou o barcelonista. Cando nos achegabamos ao minuto 60, Luis Suárez empataba a pase de Messi. Tivo unha oportunidade de empatar o Celta, cun disparo elevado de Wass que culminou unha boa xogada de ataque dos celestes. Luis Suárez volvía marcar, 3-1, poñendo o partido moi costa arriba para os galegos.

Un penalti 'lanzado' por Messi ao xeito do Cruyff do Ajax e marcado por Suárez poñía o 4 a 1. O uruguaio marcou a pracer o lanzamento en corto do arxentino. Suárez estaba dentro da área. Rakitic e Neymar puxeron o quinto e o sexto tanto na conta do Barça.

Ficha Técnica

FC Barcelona: Bravo, Alves (Vidal, min.60), Piqué, Mascherano, Jordi Alba, Sergi Roberto (Rakitic, min.60), Busquets, Iniesta (Arda Turan, min.77), Messi, Suárez e Neymar

RC Celta: Sergio, Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas, Radoja, Wass 8Pape Cheikh, min.83), Pablo Hernández (Marcelo Díaz, min.65), Beauvue, Señé e Guidetti (Drazic, min.76)

Goles: 1-0, min.27: Messi; 1-1, min.39: Guidetti; 2-1, min.59: Luis Suárez; 3-1, min.75: Luis Suárez; 4-1, min.80: Luis Suárez; 5-1, min.85: Rakitic; 6-1, min.90: Neymar

Árbitro: Hernández Hernández. Cartóns a Cabral, Planas, Hugo Mallo, Señé

Comentarios