Celta e Depor xogaran un amigábel no Uruguai

O derbi transatlántico

O cuadrangular de Montevideo arrancará esta quinta feira co encontro entre o R.C. Celta e o Deportivo da Coruña, que se emitirá ás 22.30 na TVG (17.30, hora local).

Imaxe do cartaz que anuncia o torneo de Montevideo. Foto: Laliga
photo_camera Imaxe do cartaz que anuncia o torneo de Montevideo. Foto: Laliga

O Deportivo e o Celta disputarán o primeiro derbi da historia fóra das nosas fronteiras. O lugar escollido para a desputa do amigábel entre os equipos galegos foi o estadio Gran Parque Nacional, feudo do uruguaio Club Nacional de Football.

Os clubes galegos xogarán, ademais, outro encontro en terras charrúas. O Celta farao o sábado ás 16.00 horas (hora local, 21.00 en Galiza), tamén no Estadio Gran Parque Central Nacional, ante os locais Club Nacional de Football. O Real Club Deportivo da Coruña esperará até o domingo para enfrontarse ao Peñarol de Montevideo, tamén ás 21.00 horas (16.00 horas de Uruguai).

Xira LaLigaWorld

Este torneo resolverase coa entrega da chamada Copa Antel ao gañador de cada un dos encontros e forma parte da xira LaLigaWorld, na que participan os clubs máis representativos da liga española, tanto masculina como feminina, enfrontándose aos clubes locais das diferentes partes do mundo que visitan.

Comentarios