A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) levou a cabo esta cuarta feira o sorteo do calendario da tempada 2024/25 na Segunda División.
A sorte quixo que os dous representantes da Galiza, Real Club Deportivo da Coruña e Rácing Club de Ferrol, colidan tan cedo como na terceira xornada.
O derbi, programado o 1 de setembro en Riazor, ten previsto o seu segundo encontro o 30 de marzo de 2025.
Así, os Diaños Verdes debutarán o 16, 17 ou 18 de agosto fronte o recentemente ascendido Málaga a domicilio, mentres que a escuadra herculina fará o propio esa mesma fin de semana, mais como local e ante o Oviedo.