O Deportivo xogará a final polo ascenso a Segunda División

O Dépor goleou o Linares en Riazor e xogará polo ascenso dentro dunha semana ante o Albacete. Esta tarde o Racing de Ferrol medirase ao Nàstic co obxectivo de acceder acceder á final da outra eliminatoria.
286191072_543560407141520_6194572189750664963_n
photo_camera O Dépor agradece o ánimo das bancadas de Riazor.

O Deportivo da Coruña venceu 4-0 ao Linares nun partido que comezou sufrindo pero que remontou na segunda metade xerando ocasións e marcando Catro goles que lle dan o pase á final da primeira eliminatoria polo ascenso á Segunda División.

Nunha semana, o sábado 11 ás 18 horas, enfrontarase ao Albacete vencedor 2-1 anteo Rayo Majadahonda en Balaídos.

O partido

O Deportivo disputou un primeiro tempo frouxo en ataque, con poucas ocasións claras a excepción dunha de Miku. Controlou o xogo máis foi o Linares quen dispuxo de mellores oportunidades de gol.

Máis todas as opcións dos andaluces acabaron en mans de Makay, o porteiro deportivista. Na recta final do primeiro tempo, produciuse a xogada do penalti que suporía o primeiro gol do branquiazuis.

Unhas mans sinaladas polo árbitro ante as protestas do Linares servíronlle a Alberto Quiles para inaugurar o marcador.

Goleada

Coa entrada de Sonriano na segunda metade, o Deportivo mellorou o control do partido. Malia as ocasións de Quiles e Miku non foi até o minuto 65 cando o equipo agrandou o marcador.

En cinco minutos Soriano, Álex Bergantiños e Quiles sentenciaron o encontro.

Esta mañá o equipo citouse en Abegondo nunha sesión de recuperación para os titulares e máis intensa para o resto.

Quenda para o Racing

Esta tarde, o Racing de Ferrol buscará en Balaídos a partir das 18 horas unha praza na outra final polo ascenso a Segunda División ante o Nàstic de Tarragona. De saír gañador, nunha semana mediarase ao vencedor do Vilarreal B - UD Logroñés que se disputará á mesma hora na Malata.

Comentarios