Logo do 5-0 en Anoeta

O Deportivo cesa o adestrador Cristóbal Parralo

Os cinco goles que a Real Sociedad propinou a sexta feira ao Deportivo da Coruña puxeron o ramo á etapa de Cristóbal Parralo como adestrador da equipa galega. Un comunicado da entidade anunciou este domingo o seu cesamento.
 

cristóbal parralo
photo_camera O ex adestrador do Dépor Cristóbal Parralo. Foto: Deportivo da Coruña.

“O Consello de Administración do Real Club Deportivo determinou que Parralo deixe de realizar as súas funcións como adestrador da primeira equipa”, di a nota, “labor que desenvolvía desde o pasado outubro”.

O Deportivo agradece o “esforzo, traballo e dedicación” de Cristóbal Parralo, que deixa a escuadra en delicada situación, os postos de descenso e logo de encaixar 51 goles en 22 partidos.

Comentarios