luns 06.07.2020
PACO JéMEZ é O PRINCIPAL CANDIDATO

O Deportivo busca adestrador

O Deportivo xa peina o mercado en busca dun remplazo no banquiño, despois da destitución de Victor Sánchez del Amo, anunciada onte polo clube. Con isto, Víctor convértese no terceiro técnico despedido no período de dous anos de Tino Fernández. O candidato mellor situado para o posto é Paco Jémez, mais o seu alto caché complicará as negociacións.

Víctor Sánchez del Amo foi relevado esta Segunda feira. Foto: La Liga
Víctor Sánchez del Amo foi relevado esta Segunda feira. Foto: La Liga

Víctor Sánchez del Amo non adestrará máis ao Deportivo da Coruña. Após un ano de altibaixos, que rematou do peor xeito con problemas internos no vestiario. O contrato de Víctor foi rescindido cando aínda lle quedaba unha tempada máis e convértese na terceira destitución de Tino Fernández nos seus dous anos como presidente do Deportivo.

O madrileño rematou do mesmo xeito que previamente o fixeran Fernando Vázquez e Victor Fernández. Neste caso o detonante foi moi diferente. No caso de Fernando Vázquez, a destitución atribuíuse a unhas palabras críticas coa política de fichaxes do clube. Por outra banda, Víctor Fernández pagou os seus malos resultados no banquiño, que posteriormente, ocuparía Sánchez del Amo, quen no seu caso se viu superado na xestión do vestiario o cal desencadeou nunha deficiente segunda volta do campionato ligueiro que a piques estivo de rematar en descenso.

Agora, o Deportivo rastrexa o mercado para contratar ao terceiro adestrador da era Tino. Paco Jémez soa con moita forza e semella o candidato perfecto, após a súa grande etapa como adestrador do Raio Vallecano. Jémez é un técnico que aposta polo bo xogo e que se caracteriza por ser un gran líder no vestiario, mais a maior traba para chegar a un acordo poden ser as súas pretensións económicas, poida que excesivas para as arcas do Deportivo.

Víctor despediuse dende as redes sociais con boas palabras para o clube: "Mis mejores deseos para #Onosodépor", publicou o madrileño. Por outra parte, un dos principais artífices da división no vestiario coruñés, Lopo, anunciou a súa marcha de terras coruñesas, pois non seguirá na próxima tempada.

comentarios