VERO BOQUETE

"O deporte galego ten boa saúde grazas ao esforzo das e dos deportistas"

O futebol feminino na Galiza ten un nome indiscutíbel. Vero Boquete. A ex do Bayern Munich, agora nas filas do Paris Saint Germain, é a voz desta segunda feira no #VenhanMais5.

Image
photo_camera Vero Boquete

-Como ves o estado actual do deporte galego?

Ten boa saúde grazas ao esforzo das e dos deportistas. Esperemos máis apoios para seguir fomentándoo e indo a máis.

-Que evolución agardas do deporte galego a cinco anos vista?

Penso que cada vez hai máis cultura deportiva e iso fará que teñamos máis deportistas e de seguro, máis éxitos. 

"O futuro de Sermos? Seguiredes crecendo porque ofrecedes un xornalismo alternativo e iso é o que o pobo quere"

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-Seguiredes crecendo porque ofrecedes un xornalismo alternativo e iso é o que o pobo quere. En galego, por e para as galegas e os galegos.

Comentarios