O deporte galego analiza a situación provocada pola COVID-19 nuns encontros virtuais

As distintas federacións reúnense coa Secretaría Xeral para o Deporte para avanzar no Plan de Reactivación do Deporte Galego.

Reunión virtual deporte adaptado
photo_camera Reunión virtual da Secretaría Xeral para o Deporte coa Federación de Deporte Adaptado (Foto: Nós Diario).

Bádminton, ximnasia, piragüismo, squash, patinaxe, kárate, halterofilia, deporte adaptado, rugby e caza, así como as escuderías de Galicia e da Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas, protagonizaron a última edición das xa tradicionais reunións virtuais que desde a Secretaría Xeral para o Deporte están a manter cos diferentes estamentos deportivos do país para "estudar as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus" e avanzar no Plan de Reactivación do Deporte Galego.

Algunhas das reclamacións máis destacadas foron as realizadas desde a Federación de Bádminton (avanzando na posibilidade de retomar a actividade deportiva no mes de outubro (na liña formulada pola Federación Española), a de Ximnasia (que falou dun plan de continxencia no que traballa a entidade), a de Squash (que quere retomar a actividade deportiva en setembro) ou a de Patinaxe, que estuda dar por rematada a tempada e iniciar a campaña 2020/21 xa en setembro.

Comentarios