O Depor volve de terras andaluzas cun empate que o reforza no liderato

Deportivo e Jaén empataron a ceros nun encontro no que non abondaron as oportunidades de marcar. Os coruñeses levan tres partidos seguidos sen gañar mais mantéñense no liderato.

depor jaén

Tras a derrota co Eibar e o empate en Numancia, o Deportivo da Coruña viaxaba a terras andaluzas coa intención de atinxir unha vitoria que lles fixese comezar 2014 cun liderato amplo para unha segunda volta na que deixar claro que son os favoritos o ascenso. Non houbo o triunfo senón un empate a cero, mais ese punto válelle o Depor xa non para seguir no cumio de Segunda, senón mesmo para abrir unha diferenza.

O propio adestrador Fernando Vázquez recoñeceu que a segunda parte non fora boa e que deberían chegar o descanso con ventaxe. O equipo galego tivo tres oportunidades de marcar, mentres que os andaluces rexistraron dúas. Foi un partido medido, non moi fluído, no que ningunha das escadras querían cometer erros.

A seguinte cita do Dépor vai ser co Girona, no fondo da táboa clasificatoria, unha oportunidade para os herculinos de atinxir a primeira vitoria de 2014.

Ficha técnica

Real Jaén: René; Gaitán (Santi Villa, m.3) (Edgar, m.68), Nino, Servando, Álex Cruz; Kitoko, Juanma, Fran Machado, Israel, Jozabed; e Jona (Cascón, m.86).

Deportivo: Germán Lux; Laure, Insúa, Marchena, Manuel Pablo; Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Núñez (Luis, m.67), Culio, Luisinho (Juan Carlos, m.67); e Borja Bastón (Rudy, m.85).

Comentarios