DEPORTIVO-ATHLETIC DE BILBAO (2-2)

20 minutos finais frenéticos danlle un ponto ao Dépor face o Athletic

Nos últimos minutos, o Deportivo, apoiado por unha afección sobresaliente que encheu Riazor, logrou salvar un punto nun partido que se lle facía moi costa arriba ao equipo de Víctor Sánchez del Amo. Os goles de Lucas Pérez e Alejandro Arribas deron un empate (2-2) que as bancadas deron por bon.

[Imaxe: @RCDeportivo]
photo_camera [Imaxe: @RCDeportivo]

A pesar do animado que estaba o campo, o Dépor non soubo contaxiarse do entusiasmo da grada e disputou unha primeira parte sen apenas ritmo e con pouco dominio do balón. O Athletic era quen chegaba con máis facilidade á area. Á media hora de partido, os vascos puxéronse por diante no marcador nunha xogada na que Balenziaga centrou ao segundo pau e Iñaki Williams meteu o esférico no fondo da rede. 

Unha vez que o Athletic marcou o primeiro gol, os branquazuis comezaron a apertar o rival e dispuxeron de varias ocasións. Coa chegada do segundo tempo, o Dépor permitiu ver a súa mellor faciana. E conseguiuno grazas aos cambios de Víctor Sánchez Del Amo, que substituía Borges por Juan Domínguez e Oriol Riera por Cani. Sen apenas tempo este último para se situar no partido chegou o segundo gol do equipo vasco, obra de Aritz Aduriz, nun man a man con Lux.

O partido semellaba perdido para o Depor, que buscaba un revulsivo coa entrada de Fede Cartabia por Luis Alberto. Os galegos recortaron distancias grazas a Lucas Pérez, que batía cun golazo a Iraizoz logo de facer un xiro sobre si mesmo. A partir de entón, o Deportivo veuse arriba e perseguiu sen descanso o empate. A poucos minutos para o final, Alejandro Arribas marcaba o segundo tanto tras un centro de Fede Cartabia.

Ficha técnica 

Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Pedro Mosquera, Juan Domínguez (Borges, min. 55), Cani (Oriol Riera, min. 59), Luis Alberto (Fede Cartabia, min. 69), Fayçal e Lucas.

Athletic Club de Bilbao: Iraizoz, De Marcos, Etxeita, Laporte, Balenziaga, San José, Beñat, Williams (Sabin Merino, min. 75), Raúl García (Eraso, min. 82), Susaeta (Lecue, min. 79) e Aduriz.

Goles: 0-1 Williams (min. 30); 0-2 Aduriz (min. 61); 1-2 Lucas (min. 79); 2-2 Arribas (min.88).

Árbitro: Jaime Latre (Comité Aragonés). Amonestoe a Lucas (min. 60), Laporte (min. 65), Beñat (min.74) e Sidnei (min. 84).



Comentarios