GOL DE LUíS ALBERTO

O Dépor suma un novo empate após o partido de Gijón

Co do Molinón, xa son catro os empates consecutivos do Deportivo na Liga, onde se mantén na novena posición, con 30 puntos, a tan só cinco da sexta posición.

[Imaxe: CanalDeportivo]
photo_camera [Imaxe: CanalDeportivo]

O Deportivo soubo facerlle fronte a un partido que comezou perdendo, após marcar Jony cando pasaba media hora do comezo do encontro. O xogador do Sporting recibía o balón e cunha gran volea conseguía bater Germán Lux tras tocar o esférico en Juanfran.

Os coruñeses souberon reaxir a  tempo e dez minutos após, xusto antes de chegar ao descanso, foron quen de equilibrar o partido. Lucas Pérez púñalle o gol en bandexa a Luis Alberto, que non desperdiciaba a oportunidade e subía o tanto ao marcador para o Deportivo.

Ao pouco de comezar o segundo tempo, Carmona desaproveitaba unha clara oportunidade para decantar o marcador a favor do equipo local. Minutos após, Luis Alberto gozaba de dúas ocasións que foron parar ás mans do porteiro do Sporting.

Non foi até o final do partido, moi igualado desde o principio, cando ambos os equipos volveron estar perto do gol. Ningún deles conseguiu bater a meta rival.

Sporting de Gijón: Cuéllar, Vranjes, Luis Hernández, Jorge Meré, Isma López, Sergio Álvarez, Rachid, Carmona (Halilovic, min. 66), Dani Ndi (Pablo Pérez, min. 79), Jony e Tony Sanabria (Guerrero, min. 84).

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Fayçal Fajr, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Cani (Luisinho, min. 70), Luis Alberto (Fede Cartabia, min. 82) e Lucas.

Goles: 1-0 Jony (min. 32); 1-1 Luis Alberto (min. 40).

Árbitro: Hernández Hernández (comité de Las Palmas). Amoestou Arribas (min. 5), Vranjes (min. 19), Jony (min. 33) e Fede Cartabia (min. 89).

Comentarios