O Dépor remonta, vence e convence

Segunda vitoria consecutiva dos coruñeses e novo ‘doblete’ de Quique. O Deportivo gañou 1-3 ao Nàstic.

depor

Empezar perdendo un partido e acabar remontando dá ao protagonista, ademais dos lóxicos 3 puntos, unha inxección de confianza e convencemento nun propio. O Dépor remontou e, aliás, convenceu. Os coruñeses encadean así a súa segunda vitoria consecutiva e empeza a encaixar as pezas: a defensa xa non dá oportunidades ao rival e a dianteira vai sentíndose cada vez máis segura.

Após gañarlle ao Garnada en Riazor o Deportivo visitaba Tarragona sabendo da dificultade do adversario e da súa exixencia no campo. O gol de Tete no minuto 26 parecía dar a razón á formulación deseñada polo Nàstic: liñas ben pertas, solidez defensiva e contraataque.

Porén, o Deportivo respondeu axiña e con contundencia: gol de Quique no minuto 32. Os coruñeses dominaban o encontro, un partido que ían madurando na procura dun novo gol. Paciencia, mesmo canda os cataláns roldaban a súa área. E o Dépor obtivo os seus froitos: novo gol de Quique e xa na recta final do partido, de Christian Santos.  

Ficha Técnica

Gimnàstic de Tarragona: Isaac Becerra, Roger Figueras, César Arzo, Cadamuro, Abraham, Sebas Coris (Dumitru Cardoso, min. 81), Fali, David Rocha, Tete (Roger Brugué, min. 84), Uche (Luis Suárez, min. 71) e Manu Barreiro.

RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Didier Moreno, Pedro Mosquera, Vicente Gómez (Christian Santos, min. 85), Carles Gil, Carlos Fernández (Fede Cartabia. min. 75) (Álex Bergantiños, min. 82) e Quique.

Goles: 1-0 Tete (min. 26); 1-1 Quique (min. 33); 1-2 Quique (min. 68); 1-3 Christian Santos (min. 86).

Árbitro: Areces Franco (c. asturiano). Cartón amárelo a Carlos Fernández (min. 56), Saúl (min. 70), Domingos Duarte (min. 72) e Tete (min. 79).

Comentarios