O Dépor reivindícase perante os seus

Imponse (2-0) ao Reus en Riazor. O público mostrou o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa mediante faixas e berros de 'Alcoa non fecha!'.

depor imaxe RC Deportivo
photo_camera Imaxe: RC Deportivo

Un partido que se pon vento a favor aos 40 segundos de comezar é unha fortuna que ningunha equipa debería estropear. Non o fixo o Dépor, que antes do minuto 1 xa gañaba ao Reus grazas ao gol de Carlos Fernández aos 40 segundos. O Deportivo reivindicouse en casa, en Riazor, ante os seus, aos que brindou unha vitoria (2-0) e 3 puntos que sitúan os coruñeses no alto da táboa á espera de que se decidan o resto de partidos.

 

Non foi un encontro dos que deixen pegada na memoria mais foi un partido ben resolto. O Depor adiantouse e soubo non deixar escapar o partido fronte a un Reus que, collido a contrapé, non deu sinais de poder reverter a situaciónm para alén de ocasións isoladas e, xa na recta final do partido, algunha oportunidade. A súa formulación de 5 defensas tivo que refacela após o primeiro gol para pasar a un 4-4-2 que tampouco lle serviu.

Tamén tivo oportunidades o Dépor para ampliar o marcador mais estas non callaron. O xogo herculino fíxose máis preciso na circulación do balón ca noutros encontros, o que mellorou o seu acerto.

Ficha técnica:

Deportivo (2): Dani Giménez; David Simón, Domingos Duarte, Michele Somma (Bóveda, min.91), Diego Caballo; Edu Expósito, Álex Bergantiños, Vicente Gómez (Didier Moreno, min.87); Pedro Sánchez (Carles Gil, min.81); Quique González e Carlos Fernández.

Reus (2): Edgar Badia; Bastos, Olmo, Catena, Gonzalo Pereira (Carbonell, min.66), Guerrero (Borja, min.66); Ortiz, Gus Ledes, Juan Domínguez; Linares e Carbia (Alfred, min.66).

Goles: 1-0, min.1: Carlos Fernández. 2-0, min.54: Pedro Sánchez.

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amoestou David Simón

Comentarios