Foi de máis a menos

O Dépor non pode cun Levante que lle empatou o partido (1-1)

O equipo coruñés, que se amosou irregular no terreo de xogo, perdeu forza no segundo tempo.

[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez
photo_camera [Imaxe: RCDC] Lucas Pérez

O Depor non deu boa imaxe diante do Levante. Aínda que dominou o encontro na primeira parte, foi irregular, e no segundo tempo perdeu intensidade. Os branquiazuis comezaron o encontro con posesión de balón. A segunda vez que chegaron a porta conseguiron marcar. Foi nun contragolpe pola esquerda que culminou Lucas Pérez diante do porteiro no minuto 23.

Tras o gol, os homes de Sánchez del Amo aumentaron a intensidade do xogo e o dominio de balón. O segundo tempo comezou como rematara o primeiro, cun Depor apagado e cun Levante que comezaba a crear perigo.

O empate chegou no minuto 53, logo de varias aproximacións con perigo por parte do equipo local. Unha falta lanzada por Camarasa puxo o marcador a táboas. Logo do gol, o Levante creceuse e dispuxo de oportunidades para gañar o encontro. Lux impediu en varias ocasións que o Levante lle dese a volta ao partido.

Conforme avanzaba o reloxo, o Depor parecía querer pedir a hora e daba por bo o punto do empate. Porén, no minuto 80, na súa primeira chegada á área local tras o descanso, estivo a piques de marcar o segundo tanto, obra máis unha vez de Lucas Pérez, pero un defensa do Levante impediu que o balón, case en liña de gol, entrase na rede.

Levante: Rubén, Pedro López, David Navarro, Feddal, Toño, Simao, Morales (Verza, m.79), Camarasa, Lerma (Víctor Casadesús, m.46), Rubén García e Roger (Ghilas, m.66).

Deportivo: Lux, Laure (Cani, m,88), Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Fede Cartabia (Juanfran, m.59), Borges, Mosquera, Fayçal, Jonás (Oriol, m.59) e Lucas Pérez.

Goles: 0-1, m.23: Lucas Pérez. 1-1, m.53: Camarasa.

Árbitro: Del Cerro Grande (do comité madrileño). Amoestou Toño, Rubén García, Victor Casadesús, Simao, Arribas e Fernando Navarro.

Comentarios