O Dépor feminino salda o seu debut histórico cun empate fronte ao potente Oviedo

Equipa recén formada, o Deportivo feminino debutou con bon pé no grupo primeiro da segunda división do futebol estatal.

depor feminino
photo_camera Un lance do xogo.

O primeiro xogo para a equipa branquiazul na segunda liga estatal era un compromiso exixente, pois visitaba o campo de Ponte dos Brozos, en Arteixo, o Oviedo Moderno, escadra recén descendida da Primeira División.

E a verdade é que o Deportivo mostrou ser un conxunto competitivo, con capacidade defensiva (apenas concedeu opcións de gol) e punch no ataque, con protagonismo para as súas futbolistas de banda, Lía e Nuria. De feito se houbo algún conxunto que fixese méritos para a vitoria e se achegase con perigo ao marco rival, ese foi o galego, cunha cabezada de Estefi que se foi lixeiramente por cima da trabe.

O Dépor, adestrado por Manu Sánchez, formou con Anita; Cris, Miriam, Raquel, Miga, Tam (Ari, m. 56), Tere, María Corral (Gere, m. 79), Lía, Estefi y Nuria. 

Na segunda xornada do campionato neste grupo 1, en que están enroladas nove equipa galegas, o Deportivo renderá visita ao campo do Sporting de Xixón.

A primeira xornada do grupo primeiro desta Segunda División deitou estes resultados:

Gijón FF-Atlántida Matamá 0-4

Atlético Arousana-FPR El Olivo 1-1

CD Monte-Vitoria 0-6

C de Ave Fénix Racing-Sporting de Xixón 3-1.

Sárdoma-Tordoia 7-0

Dépor-Oviedo 0-0

Friol-Femiastur 2-2.

Após estes resultados comandan a clasificación, con tres pontos, e por mellor diferenza de goles a favor e en contra, o Sárdoma vigués e o Victoria coruñés, primeiro e segundo na táboa, respectivamente.

Neste grupo compiten equipas galegas (9), asturianas (3, Oviedo, Sporting e Femiastur) e dúas cántabras (o Ave Fénix e o CD Monte).

Comentarios