O Dépor feminino debuta en primeira cunha histórica vitoria fronte ao Espanyol (3-1)

As coruñesas derrotaron en Abegondo un dos clubs clásicos da máxima categoría.

deportivo coruña futbol imaxe do RCD Deportio
photo_camera Foto: RC Deportivo

O Dépor debutou este domingo na Primeira Iberdrola, a máxima categoría do fútbol feminino e fíxoo cunha vitoria fronte a un rival, o Espanyol, que atesoura historia e experiencia.

Mil persoas presenciaron en Abegondo o histórico debut e a vitoria das coruñesas, que se impuxeron con claridade e contundencia, nun encontro no que as 'pericas' non foron quen de impoñer o seu ritmo e nunca se sentiron cómodas.

A equipa de Barcelona, iso si, empezou con forza e achegouse nun par de ocasións á área deportivista. Mais foi un espellismo. Aos poucos, as de Manu Sánchez foron mandando con claridade. Un dominio que se concretou, no minuto 26, cun gol de Alba Merino a raíz dun saque de esquina.

O empate do Espanyol, xa na segunda parte, non fixo que as coruñesas perdesen os nervios. Dous minutos despois, o Dépor volvía adiantarse grazas a un gol de Peke. Cinco minutos máis tarde, Alba Merino, de penalti, marcaba o terceiro para as branquiazuis.

Ficha técnica

Deportivo : Sullastres, Cris, Laura, Noelia Villegas, Nuria (María Méndez, min. 59), Alba Merino (Alba Suárez, min. 77), Iris, Teresa Abelleira, Gaby, Peke (Kika, min. 87) e Michelle Romero (Athenea, min. 62).

RCD Espanyol: Mimi, Dulce Quintana (Julve, min. 65), Inés, Soldevila (Brenda, min. 75), Daniela Cruz, Débora García, Letti (Paula Moreno, min. 58), Alvarado, Cristina Baudet (Ayaka, min. 56), Yiyi e Eli del Estal.

Goles: 1-0 Alba Merino (min. 26); 1-1 Paula Moreno (min. 64); 2-1 Peke (min. 66); 3-1 Alba Merino, de penalti (min. 72).

Árbitra: González Sánchez (colexio castelán-leonés). Cartón amarelo para Alba Merino (min. 36), Iris (min. 59), Yiyi (min. 65) e Daniela Cruz (min. 75).


 

Comentarios