O equipo de Pepe Mel complícase

O Dépor cae 4-1 diante do Espanyol

O Deportivo deixou os tres puntos en Cornellá, onde perdeu por 4 goles a 1. Un dos tantos foi marcado en propia porta por Arribas, que ademais cometeu un penalti transformado por Gerard Moreno.

[Imaxe: Deportivo] Un adestramento do Dépor antes de xogar contra o Espanyol
photo_camera [Imaxe: Deportivo] Último adestramento do Dépor antes de xogar contra o Espanyol

Mal domingo para o Dépor. O equipo dirixido por Pepe Mel deixou os tres puntos en Cornellá onde perdeu por 4-1 diante do Espanyol. Os locais adiantáronse ao comezo do partido cun gol de Baptistao e antes de chegar ao descanso, Arribas marcaba en propia porta o segundo para os periquitos.

No segundo tempo, o deportivista Celso Borges recortou distancias, mais Gerard Moreno fixo o 3-1 desde os 11 metros grazas a un penalti que cometeu Arribas. Gerdad tamén foi o autor do último tanto do partido, no minuto 90.

A avultada derrota deixa unha pésima imaxe do Deportivo, cuxos xogadores, con graves erros na defensa, e equipo técnico fican tocados. Os coruñeses atópanse en postos de descenso, na parte baixa da táboa.

RCD Espanyol: Pau López, Víctor Sánchez, David López, Hermoso, Aarón Martín, Darder, Diop (Marc Roca, min. 70), Léo Baptistão, Jurado (Sergio García, min. 65), Piatti (Granero, min. 60) e Gerard Moreno.

RC Deportivo: Pantilimon, Juanfran, Schär, Arribas, Luisinho, Guilherme (Andone, min. 69), Borges, Fede Cartabia (Bruno Gama, min. 85), Emre Çolak (Borja Valle, min. 74), Fede Valverde e Lucas.

Goles: 1-0 Léo Baptistão (min. 5); 2-0 Arribas, en propia meta (min. 22); 2-1 Borges (min. 53); 3-1, Gerard Moreno, de penalti (min. 72); 4-1 Gerard Moreno (min. 90).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (c. vasco). Tarxeta amarela a Luisinho (min. 19), Víctor Sánchez (min. 75) e Bruno Gama (min. 90+3).

Comentarios