Un Dépor sen brillo rescata un punto ao final na súa volta como local a Primeira

depor
photo_camera Dépor

Cando ían máis de catro minutos da prolongación, o Dépor evitou a depresión dun mal inicio de Liga conseguindo un empate en Riazor ante o Rayo Vallecano, que tivo o partido nas súas mans pero deixouno ir de forma inocente, para alegría de Riazor, que volvía a Primeira.

Empataron a dous tantos coruñeses e madrileños -con grande sintonía nas bancadas- nun encontro no que os galegos deitaron de novo dúbidas sobre o seu funcionamento defensivo -moi grandes- e tamén sobre a capacidade creativa na construción. Un tanto de José Rodríguez nos primeiros minutos volveu tola á afección, mais desde ese momento o Rayo foi mellor, e acabou poñéndose por diante grazas aos tantos obra de Bueno, ambos os dous.

Na derradeira xogada, unha man infantil de Ba provocou un penalti que Cuenca -do pouco positivo dos branquiazuis- converteu con estilo. Un punto para arrincar.

Comentarios