DéPOR-BETIS (2-2)

O Dépor aférrase ao empate

Por quinta vez consecutiva, o Dépor acabou con empate o partido que nesta ocasión o enfrontaba na casa fronte co Betis.

[Imaxe: RCD] Lucas Pérez, no partido contra o Betis
photo_camera [Imaxe: RCD] Lucas Pérez, no partido contra o Betis

Dépor e Betis concluíron o partido da noite do sábado en Riazor en táboas, cun 2-2 que lles soubo a pouco aos galegos, que intentaron até o final ficar cos tres puntos na casa. E é que por máis que o intentaba, o Dépor atopábase co muro do porteiro rival, que evitou que os coruñeses concretasen o seu bo xogo ofensivo.

Durante todo o partido, o Betis foi quen de sobrevivir ás acometidas do Dépor e mesmo foi quen de remontar na primeira parte o gol de Álex Bergantiños. Así, Musonda e Vargas mandaban os béticos con vantaxe ao descanso.

Pouco lle durou a vitoria ao Betis. Aos seis minutos do segundo tempo, a presión do Dépor fraguou e Fayçal conseguiu o empate aos seis minutos. O resto do partido caracterizouse polas ofensivas e o dominio do Dépor, que asinaba un novo empate ao finalizar o encontro.

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro (Luisinho, min. 63), Fayçal Fajr, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Cani (Fede Cartabia, min. 54), Luis Alberto (Oriol Riera, min. 79) e Lucas.

Real Betis: Adán, Martín Montoya, Bruno, Westermann, Vargas, Kadir (Cejudo, min. 69), N’Diaye, Petros, Musonda Jr., Van Wolfswinkel (Dani Ceballos, min. 62) e Rubén Castro (Jorge Molina, min. 89).

Goles: 1-0 Álex Bergantiños (min. 14); 1-1 Musonda Jr. (min. 19); 1-2 Vargas (min. 37); 2-2 Fayçal Fajr (min. 50).

Árbitro: Undiano Mallenco (C. navarro). Amoestou Álex Bergantiños (min. 52).

Comentarios