O Dépor Abanca presenta nova responsábel e vai a polo ascenso

Rocío Candal, nova resonsábel do Dépor Abanca, explicou en rolda de prensa as liñas mestras do proxecto feminino do club coruñés.
Rocío Candal na rolda de prensa en Riazor.(Foto: RCDeportivo da Coruña).
photo_camera Rocío Candal na rolda de prensa en Riazor. (Foto: RCDeportivo da Coruña)

Rocío Candal presentouse esta cuarta feira en rolda de prensa en Riazor como nova responsábel do Dépor Abanca, o equipo feminino do Dépor. Ademais de explicar as liñas mestras do novo proxecto, lembrou que a oportunidade de unirse ao club branquiazul chegou con “ilusión” e unha “adaptación progresiva”. Comezou como asesora da secretaría técnica e “moi feliz e agradecida pola aposta” do club coruñés. 

Novidades no equipo desta tempada

Unha das novidades do proxecto está no banco, con Irene Ferreras. “Valoramos diferentes nomes para o cargo, mais Irene sempre foi a primeira opción. Desde a primeira reunión observamos ilusión e predisposición para estar no Dépor Abanca”, sinalou , “malia ter a oportunidade de seguir no Madrid”, engadiu. 

Nun verán de moitos cambios, Candal explicou que algunhas das saídas máis destacadas do equipo “foron decisións deportivas ao cento por cento”. Puxo como exemplos o caso de Alba Merino, María Ruiz e Jone.

A nivel de reforzos, a nova responsábel da estrutura do equipo feminino apuntou que a marca Dépor Abanca segue tendo potencia no fútbol estatal. “A visión que se ten é moi positiva. Todos saben que é un proxecto serio", asegurou. 

Saída de Miguel Llorente

A saída do club do anterior adestrador, Miguel Llorente, con dúas denuncias por racismo contra el, tamén tivo o seu momento na rolda. “A min pilloume todo entrando no club”, sinalou.

Aínda así clarificou que “o tempo que coincidín con Miguel Llorente, foi un profesional exemplar, non teño nada negativo que dicir sobre el. Máis aló diso, tómanse decisións. Fora unha etapa de moito desgaste e o mellor era un cambio”.

Comentarios