mércores 28/10/20

Denuncia ao Dépor por cánticos contra España en Riazor e requisa de 'estreleiras' a celtistas en Mestalla

estreleira

Desde hai varias tempadas La Liga, baixo o argumento de combater a violencia nos estadios, establece un marco no que se toman unha serie de medidas e actuacións que non en poucas veces teñen estado no albo das críticas de grupos de afeccionados.

Unha delas é a requisa de bandeiras da patria, tamén denominadas estreleiras, en diferentes estadios a afeccionadas de equipas galegas. Volveu pasar esta fin de semana en Mestalla, Valencia, segundo afirman seareiros do Celta en redes sociais e denuncia o BNG.

Na imaxe pendurada pola formación nacionalista vese un ticket para retirar obxectos requisados canda unha bandeira da Patria. “Alegaron que era anticonstitucional, ilegal e incitaba á violencia”, indican.

A maiores, e segundo informa El Desmarque, a Liga remitiu un escrito de denuncia ao Comité de competición da RFEF e Comisión Antiviolencia por cánticos en estadios que puidesen ser obxecto de sanción. Entre eles cita Riazor, indicando que no partido entre Deportivo e Las Palmas da xornada 26 “uns 600 afeccionados locais, ubicados no Fondo de Marathón inferior, entoaron de forma coral durante 10 segundos “Que puta es España”, sen que se producisen máis cánticos durante o resto do encontro.

comentarios