sábado 08/08/20

Defensoría del Pueblo inicia expediente pola requisa de ‘estreleiras’ a celtistas no campo do Leganés

Porase en contacto co Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Fútbol para solicitarlles información. Seareiros celtistas denunciaron que se lles prohibía acceder ao estadio de Butarque coa bandeira galega coa estrela vermella.

Celta leganés @adrianrbravo
Celta leganés @adrianrbravo

O Defensor del Pueblo iniciou un expediente pola requisa a seareiros do Celta de ‘estreleiras’ e bufandas con trísceles no estadio do Leganés o pasado mes de xaneiro. Así o notifica esta entidade a Dereitos Civís, asociación que presentara unha queixa ao respecto. Na comunicación, o Defensor del Pueblo informa que se vai poñer en contacto co Consello Superior de Deportes e a Real Federación española de Fútbol “ao efeito de solicitarlles información sobre os feitos descritos na súa queixa”.

Desde Dereitos Civís lembran que un xulgado de Madrid pronunciouse a respecto da prohibición de esteladas nun estadio da comunidade afirmando que “En ningún caso resultou probado neste momento procesal que a exhibición da chamada "estelada" pode incitar á violencia, o racismo, a xenofobia ou cualquera outra forma de discriminación que atente contra la dignidade humana”.

A través das redes sociais, seareiros e peñas do Celta (Colectivo Nós, Tropas de Breogán ou Cigarróns Celestes) denunciaban a requisa no estadio do leganés destas bandeiras, así como de bufandas e outros elementos, como camisolas con tríscele e mesmo unha bandeira das 7 nacións celtas.

comentarios