domingo 20/09/20

A 'Coupe de la Jeunesse' de Castrelo de Miño, adiada até 2022

O coronavirus provoca o aprazamento da regata internacional, programada para o verán de 2021.  
Atletas británicos e suizos festexan as súas medallas na pasada edición da 'Coupe de la Jeunesse' (Foto: Nós Diario)
Atletas británicos e suizos festexan as súas medallas na pasada edición da 'Coupe de la Jeunesse' (Foto: Nós Diario)

A Coupe de la Jeunesse, unha das regatas máis importantes do calendario internacional, con máis de tres décadas de traxectoria, terá que ser adiada debido ao coronavirus.

Programada para disputarse este verán na localidade austríaca de Linz e en 2021 en Castrelo de Miño, a organización decidiu atrasar un ano todo o calendario da competición.

Así o anunciou o presidente da Coupe de la Jeunesse, Gary Harris, logo de consultar ás respectivas federacións internacionais, nunha decisión que contou co "total apoio" das autoridades provinciais, tal e como fixo público a Deputación de Ourense.

                            

comentarios