A contundencia do Real Madrid imponse nun partido con polémica

Derrotou o Celta (1-4) aproveitando mellor as oportunidades e beneficiándose da expulsión de Iago Aspas.

Celta Real Madrid
photo_camera Imaxe: RC Celta

Era o día para que o Celta rachase coa dinámica de oito partidos sen gañar. Xogaba en casa, co plantel de luxo, unha afección enchufada e todo un ambiente que semellaba converter os celestes na selección galega perante o xigante da metrópole: Himno galego por megafonía (por certo, apupado desde o fondo onde de ubicaba a afección madridita), bandeira galega na camisola celeste e, en homenaxe ao 17M, lembrando no momento de dar as aliñacións a escritores e escritoras galegas.

Mais non foi posíbel. A contundencia do Real Madrid impúxose sobre a aposta celtista do bo xogo. Ao que hai que engadir o beneficio obtido coa inxusta expulsión de Iago Aspas por duplo cartón amarelo. O primeiro, por protestar unha man de Varane (existira man) e o segundo, por ‘caer’ dentro da área (cando Ramos lle fixo un penalti). Na seguinte xogada, Cristiano ‘caeu’ na área celeste e protestou abondo mais non foi amoestado.

O Celta tivo posesión mais a efectividade foi ‘merengue’. No minuto dez xa se adiantara no marcador. Un gol que non fixo que os de Berizzo baixasen os brazos. Foi medrando e chegou ao descanso dominando o encontro mais, iso si, sen sacar rendimento algún dese control.

Foi comezar a segunda parte e un novo mazazo: outro gol de Cristiano Ronaldo. REaxiu o Celta axiña, cun gol de Guidetti que facía posíbel o soño da remontada. Mais tamén rápido respondeu o conxunto madrileño con gol de Benzema a pase de Marcelo. O partido xa era dos madrileños, que marcaron o cuarto gol a piques de rematar o encontro.

Ficha

Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Pablo Hdez., Wass, Jozabed (Marcelo Díaz, min.72), Iago Aspas, Sisto (Pape, min.80), Guidetti (Beauvue, min.86).

 R.Madrid (4): Navas, Danilo, Varane, Ramos, Marcelo, Casemiro (Kovacic, min.71), Kroos, Modric, Isco (Asensio, min.83), Ronaldo (Lucas Vázquez, min.83), Benzema.

 Goles: Ronaldo, min.10, 0-1; Ronaldo, min.48, 0-2; Ronaldo; min.68, 1-2; Guidetti, min.70, 1-3; Benzema, min.88, 1-4 Kross

 Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Expulsou Iago Aspas con dous cartóns amarelos (min.62). Amoestou Jonny, Guidetti, Hugo Mallo, Pablo Hdez. (Celta); Casemiro, Ramos (R.Madrid).

 Campo: Balaídos, 22.838 espectadores.

Comentarios