"FOI UNHA EMBOSCADA DE NEONAZIS"

Concentración dos blues: berros de "Tino demisión" e nada de se disolver

Arredor de mil persoas secundaron a convocatoria dos riazor blues e estanse a concentrar este serán na Praza de Portugal, apenas dúas horas antes do Dépor-Málaga.

IMG-20141206-WA0012
photo_camera Portavoz dos blues atendendo os meios

A fenda no deportivismo non ten aspecto de se ir fechar despois de o presidente do Deportivo ter dito que os emblemas do Riazor Blues non se voltarían a ver en Riazor e de ter acordado o encerramento provisional, por dous partidos, da súa bancada, Maratón Inferior.

Na concentración deste serán o albo foi o presidente do Deportivo, ao que se dirixiron insistentes cánticos en demanda da súa demisión. Os blues -através dun portavoz que atendeu os meios- deixaron tamén moi claro que non teñen na cabeza a súa disolución.

O portavoz da claque deportivista mantivo en todo momento a tese de que o pasado domingo en Madrid non houbo "quedada" e si "unha emboscada neonazi" que resultaría na cazaría dos blues e no asasinato de Jimmy.

Os blues anunciaron que continuarán a pelexar desde as bancadas "contra o fascismo e polo Dépor".

Comentarios