Compostela convoca o clásico circuíto "CorreSan"

O programa do circuíto 'CorreSan' presentouse esta cuarta feira e consta novamente de catro probas que comezarán cunha carreira nocturna o sábado 5 de novembro.
A 'Corresan' de Santiago pasando polo barrio de San Pedro (Foto: Concello de Santiago).
photo_camera A 'Corresan' de Santiago pasando polo barrio de San Pedro (Foto: Concello de Santiago).

A Federación Galega de Atletismo (FGA) presentou onte no Concello de Santiago a IX edición do Circuíto de Carreiras Saudábeis "CorreSan".

O programa consta novamente de catro probas, comezando pola nocturna que se terá lugar o sábado 5 de novembro polas rúas do casco histórico. A inscrición para a primeira proba, aberta a atletas de todas as idades, pode facerse até o 2 de novembro. 

A deportista e concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, destacou na presentación o compoñente "saudábel" deste circuíto de probas, aberto á participación "de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade". Como noutras edicións tamén este ano haberá distancias adaptadas para todas as idades.

Pola súa parte, o delegado en Santiago da FGA, Iván Sanmartín, detallou o calendario de carreiras desta edición. Despois da primeira proba, o calendario seguirá o 21 de xaneiro coa Ruta da Prata-Angrois (5,2 km), o 18 de febreiro coa Ruta dos Parques (5,7 km) e o 18 de marzo coa Ruta do barrio de San Pedro

Circuíto para deportistas habituais ou eventuais

Desde a organización, ademais, facilitan a inscrición a través dunha páxina propia que xa está en funcionamento. Nela especifican que o circuíto estará aberto "á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade".

Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades de Sub-10 até máster con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, "polo que a integración é un aliciente de motivación para a competición".

Comentarios