Compos e Celta empatan nun partido no que a solidariedade foi a gañadora

Perto de 10.000 persoas asistiron en San Lázara o partido en homenaxe ás vítimas do sinistro do Alvia e en recoñecemento á veciñanza de Angrois

Celta-Compos
photo_camera Foto: X. Martínez

Empate a ceros entre a SD Compostela e o Celta de Vigo en San Lázaro, o estadio da capital de Galiza que acolleu o partido en memoria das 79 vítimas mortais do accidente de tren do 24 de xullo. E un partido tamén en homenaxe á veciñanza de Angrois e a tod@s @s que axudaron nesa xornada e as seguintes.

Que o partido finalizase en empate non significa que estivese escaso de emoción e oportunidades por parte de ambas as dúas escadras. Houbo fútbol, ocasións... e irmandade entre dúas afeccións que historicamente mantiveron, e manteñen, moi boas relacións.

Comentarios