venres 25/09/20

O Club Ourense Baloncesto pon en marcha un programa de teletraballo para a canteira

As xogadores dos seus equipos de base reciben adestramento e tarefas semanais para a realización de exercicios físicos, técnicos e de observación
A canteira do Club Ourense Baloncesto, reunida antes da declaración do estado de alarma (Foto: COB).
A canteira do Club Ourense Baloncesto, reunida antes da declaración do estado de alarma (Foto: COB).

O Club Ourense Baloncesto vén de poñer en marcha un programa de traballo activo e teletraballo, polo cal as e os xogadores dos seus equipos de base reciben adestramento e tarefas semanais para a realización de exercicios físicos, técnicos e de observación, estes últimos centrados na análise de partidos, así como na visualización de películas nas que o baloncesto é o protagonista.

Segundo informa o clube ourensá, a resposta a esta conexión activa por parte das nais e pais dos xogadores e xogadoras da canteira está a ser “moi positiva, convertendo a iniciativa en todo un éxito”.

Desde o Club Ourense Baloncesto consideran que que dita iniciativa “pode reforzar outros aspectos do baloncesto que non ven en pleno xogo ou nos adestramentos”.

Ademais, queren “agradecer” o compromiso de todas as integrantes da canteira e das súas familiares, “xa que sen a súa colaboración non sería posíbel”.

O Club Ourense Baloncesto pon en marcha un programa de teletraballo para a canteira
comentarios