O Club Baloncesto Ourense pide a paralización cautelar da Liga Endesa por excluílo

A Asemblea da ACB decidiu por unanimidade que a competición teña 18 equipos, contando co Fuenlabrada e deixando fóra o COB.

foto-ourense baloncesto

Sorpresa e indignación en Ourense pola decisión da asemblea de clubes de baloncesto de deixar fóra o CB Ourense. Aférrase a ACB á resolución do 3 de xullo, esgrimindo os resultados da auditoría que dicía que o club estaba en causa de disolución. A Liga non acata pois a decisión do Consello Superior de Deportes, que lle deu a razón ao club ourensán. Mesmo pensan recorrer diante da Audiencia Nacional porque cren que houbo unha inxerencia por parte do CSD.

A decisión da ACB xa tivo unha primeira resposta do COB, que por boca do seu presidente, Antonio Gavilanes, e segundo recollen medios como La Región, pensa solicitar a “paralización cautelar” da Liga Endesa. “É unha decisión covarde, que nos sorprende porque a lei ampáranos. Hai fundamentos xurídicos que din que temos razón e que ninguén dubide que imos chegar até o final para defender os intereses do noso club”, manifestou Gavilanes.

Comentarios