Cinco mil deportivistas queren vivir hoxe en Valladolid unha xornada histórica

Unha maré branqui-azul desprázase até Pucela para animar ao Deportivo da Coruña no seu transcendental partido contra o Valladolid. Unha praza difícil mais non imbatíbel

Depor
photo_camera Depor

Por volta de cinco mil afeccionad@s do Deportivo estarán hoxe no José Zorrilla, en Valladolid, para animar ao equipo coruñés no seu partido contra a escuadra pucelana (18:00 horas). Non é esta cidade castelá unha praza doada para o Depor, que ten embarrancado nese campo no pasado en máis dunha ocasión. Mais está conxurado (equipo e afección) para que desta vez non sexa así.

Son tres puntos que o Deportivo precisa conquistar si ou si para poder se manter en Primeira. Os coruñeses teñen agora mesmo 32 puntos e son 18 na táboa. Os tres últimos empates sitúanos en postos deixa.

#Pódese

Fernando Vázquez leva a toda a armada, 20 xogadores. É consciente da importancia da cita. Mais sabe que vai arroupado por milleiros de deportivistas. As redes sociais son un fervedoiro. HT clásicos deste tramo final de liga (#pódese, #forzadepor) vense reforzados por outros específicos para a ocasión: #invasionblanquiazul #todosapucela ou #oucelablanquiazul.

Comentarios