A eliminatoria de ascenso á Segunda, totalmente aberta

Cheo histórico en Barreiro para ver o Celta B-Cartaxena (0-0)

Un filial galego ten opcións reais de se tornar equipa de Segunda División. A segunda escadra celeste saldou con empate sen goles o seu choque deste domingo, en Barreiro, face o Cartaxena.

celta b
photo_camera Un lance do xogo

Un 0-0 tampouco é un mal resultado. Calquera empate con goles en Cartaxena daría o billete ao Celta B para disputar a rolda definitiva que abre a porta da Segunda División, categoría da que acaban de baixar os únicos filiais que a disputaron este curso, o Barça B e o Atlético Sevilla.

O Celta B -como tamén o fixo Fabril- está a callar un excelente exercicio e a mostrar a potencialidade da canteira galega. Este domingo, a equipa celeste mereceu un mellor resultado -tivo moitas máis ocasións do que o rival- e se non o conseguiu talvez fose polo maior oficio do Cartaxena, equipa senior a todos os efeitos.

A afeizón celeste respondeu á envergadura do reto histórico que defronta o filial e o campo de Barreiro rexistou a súa mellor entrada de sempre, con por volta de 2.500 persoas.

A eliminatoria vaise resolver en Cartaxena o próximo domingo.

Celta B: Sotres, Kevin, Ros, Alende, Agus, Rai (Molina, min.88), Álex, Brais, Juan Hernández, Drazic e Dennis (Pastrana, min.84)

FC Cartagena: Pau Torres, Mejías, Moisés, Zabaco, Álvaro, Cordero, Chavero, Dani Abalo (Owusu, min.61), Hugo Rodríguez (Rubén Cruz, min.59), Rubial e Aketxe (Zalazar, min.81)

Árbitro: Sauleda Torrent, do comité catalán. Amonestou a Hugo Rodríguez, Zabaco, Jesús Álvarez, Chavero

Campo: Barreiro, 2.500 espectadores
 

Comentarios