Meira acolle este sábado, 31 de agosto, a segunda edición das Olimpiadas Rurais, un evento organizado pola Fruga e a Asociación Cultura Eme de Meira e coa colaboración da Deputación, Concello e Xotramu.
Cinco serán os deportes que terán cita nesta edición. Pola mañá será a quenda dos bolos celtas e o fútbol gaélico. E xa pola tarde, billarda, tiro de corda, lanzamento de colmeira ou empurrar o rolo de herba.
Ao longo do día haberá tamén outros xogos tradicionais, así como diferentes actividades e actuacións musicais.