En Celtic Park escoceses e cataláns, irmanados en defensa da independencia

Foi máis do que un xogo de fútebol. Escoceses e cataláns mostraron esta terza feira en Celtic Park as súas comúns arelas independentistas.

Celtic Park
photo_camera Unha faixa independentista en Celtic Park

Unha faixa rectangular coa palabra Independence e flanqueada polas bandeiras catalá e escocesa simbolizou onte en Celtic Park -o estadio no que se enfrontaron Celtic de Glasgow e FC Barcelona- o irmanamento de dous pobos visando a conquista da súa soberanía.

Como en todos os desprazamentos da equipa catalá, as esteladas [as bandeiras patrióticas catalás] fixéronse moi presentes nas bancadas.

O Celtic, como adoita, tivo o detalle de empregar o catalán através da megafonía, á hora de facilitar as aliñacións de ambas equipas.

No meramente futbolístico, o Celtic púxolle as cousas ben difíceis a un Barcelona que botou de menos ao seu xogador franquicia, Lionel Messi. Gañaron os cataláns, cun gol de Fábregas, habilitado polo talento de Neymar.

Comentarios