A paixón do Celta derrota o Zaragoza no desconto

Un fogonazo de Álex López e o gol de killer de Bermejo. Agónico. No desconto. Coas crónicas xa escritas. A paixón do Celta derrotou o Zaragoza no empurrón final.

Álex López
photo_camera Álex López

Concluiu o ciclo do Celta sen Iago Aspas, concluiu a xeira dos 4 xogos sen o seu futbolista franquicia após o derbi co Deportivo. Mas o Celta si tivo durante dos terzos do xogo a Álex López, o avanzado ferrolán que botou a equipa ás costas e asumiu a responsabilidade en ataque. Súas foron as aproximacións máis perigosas da equipa celeste na primeira metade e seu foi o gol que no minuto 38 reequilibrou o taboleiro de marcas após o Zaragoza se ter adiantado con gol en xogada a balón parado a cargo de Sapunaru (m. 25).

O xogo comezou con chumbo nas pernas dos celestes, atuídos pola presión de ter en xogo pouco menos que a permanencia. Non había fútebol se por tal entendemos un xogo minimamente asociativo. Muita tensión, muito balón aéreo, moi pouco cerebro. Daí o Celta non podía tirar nada positivo. Aí o Zaragoza cazou o 0-1.

O combo celeste está agora a 2 pontos da liña de salvación, con 6 xogos por diante, 6 xogos por diante e con Iago Aspas disponíbel. Dá para soñar.

Co taboleiro de marcas en contra, o Celta desligou do partido e o Zaragoza se limitou a xestionar a súa vantaxe, sen ir a matar o partido. Felizmente no campo estaba Álex López, que non se resignou en ningún momento. Que personificou o mellor espírito desta equipa, a épica indómita dunha escadra que nunca se rende.

A segunda parte foi outra historia. O Celta fíxose coa bola e foi con desesperación a polos 3 pontos. Oubiña tivo máis presenza. Álex continuou a ser un pesadelo para o Zaragoza, até que, esgotado, Abel decidiu relevalo por Orellana. Roberto Lago apareceu hiperactivo. Javi Varas tamén se reivindicou cunha enorme intervención a velenoso disparo do portugués Hélder Postiga.

O Celta empurrou con intensidade e puxou polo 2-1, mas sen Iago Aspas e con Álex fóra do campo o principal defeito do combo celeste voltou a saír á tona: non ten gol.

Certo, non ten gol doado, non ten gol fluído, mas ten determinación, fe, coraxe e paixón. E ten a Mario Bermejo. Instinto de killer nos momentos decisivos, cando ou vives ou morres.

O gol de Mario Bermejo no desconto coloca o Celta de novo na rampa de lanzamento cara á permanencia. Si Se Pode. Si Se Pode. Gorxas a rebentar en Balaídos. O combo celeste está agora a 2 pontos da liña de salvación, con 6 xogos por diante, 6 xogos por diante e con Iago Aspas disponíbel. Dá para soñar.

 

 

Comentarios