O Celta visita o Atlético de Madrid pensando na vitoria

Os de Coudet loitarán co historial en Madrid este sábado. 54 visitas en liga ao seu estadio e só cinco vitorias. Ambos equipos atópanse igualidados na clasificación actualmente.
O Celta adestra esta semana coa ollada no Wanda Metropolitano (Foto: RCCelta).
photo_camera O Celta adestra esta semana coa ollada no Wanda Metropolitano (Foto: RCCelta).

O Celta de Vigo terá esta fin de semana a posibilidade de reivindicarse diante o Atlético de Madrid nun partido nada doado como visitante no Wanda Metropolitano (sábado, 21 horas). Empatados a 7 puntos na clasificación mais non no diferencial de goles, unha vitoria celeste faría que os de Coudet subiran na clasificación e estiveran máis perto da zona europea. 

O historial de ambos os dous neste inicio de liga, até agora, é moi semellante. Colleitaron nos catro primeiros encontros un empate, unha derrota e dúas vitorias. Ademais veñen de gañar os últimos partidos, os madrileños dunha maneira agónica esta cuarta feira na Liga de Campións diante do FC Porto (2-1) e o Celta cunha boa imaxe en Balaídos após derrotar ao Cádiz a pasada sexta feira (3-0). 

A dificultade de rachar coa historia

O Celta terá que loitar contra o pasado se quere sacar os tres puntos nesta saída. As contas afirman que en 54 visitas en liga ao campo do Atlético de Madrid os celestes só conseguiron a vitoria en cinco ocasións.

Coudet terá que acondicionar o once inicial aos xogadores que dispoñíbeis entre os que non figura Gonçalo Paciencia que aínda ten varias semanas para recuperarse dunha rotura muscular e está en dúbida Óscar Rodríguez. No caso de que este último non estivese ben para o partido podería ser o momento de que introducira no equipo a  Jörgen Strand Larsen ou Gabri Veiga, sobre todo despois de cambiar en positivo o partido diante o Cádiz coa súa entrada no segundo tempo. 

Na aliñación, iso si, teñen asegurado o seu posto Agustín Marchesín na portería e na defensa Hugo Mallo, Joseph Aidoo, Unai Núñez e Javi Galán.

Tamén teñen o posto asegurado Fran Beltrán, Franco Cervi e Iago Aspas. O equipo de Coudet completaríase cos favoritos para saír de inicio com o son Renato Tapia, Carles Pérez e Óscar Rodríguez. 

Entre as últimas novidades, o Celta de Vigo fixo público onte o parte médico do club tras a última sesión de traballo na cidade deportiva de Afouteza.

Nel revelouse a lesión de Iván Villar, porteiro suplente tras Marchesín que terá que ser substituído por Coke Carrillo, meta do Celta B. Sobre a situación de Óscar Rodríguez non hai cambios mais as mesmas fontes observan certo optimismo.

Comentarios