mércores 08/12/21

O Celta suma un punto máis en Balaídos e o Dépor aprende a gañar en Riazor

Sorte dispar para as equipas galegas neste domingo. O Celta continúa sen coñecer a vitoria en Balaídos. Iso si, deu puntuado face unha das equipas máis en forma da liga, o Villarreal. O Dépor, por súa parte, estreouse en casa. Gañou con gol de JuanDo.

Juan Domínguez
Juan Domínguez, no momento de marcar


Non o tiña doado o Celta, como logo se viu sobre o relvado. O Villarreal, un combo recén ascendido, sabe ben o oficio e está moi en forma. Os de Luis Enrique voltaron a despregar un fútebol de calidade durante os primeiros 60 minutos, mas o xogo fíxoselles longo de máis e acabaron con moi pouca gasolina no depósito.

De facto, no tramo final do xogo Yoel tivo que se empregar moi a fondo para evitar o gol visitante. Ambas equipas acusaron moito a calor. Non é mal resultado o empate se temos en conta que o Villarreal sumara 10 pontos nas primeiras 4 xornadas do campionato.

Balaídos rexistou unha entrada sensacional, máis de 21 mil persoas. Luis Enrique concedeu a titularidade a Santi Mina, o que demostra a aposta do técnico asturiano nos novos valores da canteira celeste.

Celta: Yoel, Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni, Álex López (Orellana min.75), Fontás, Rafinha, Augusto (Kronh-Dehli, min.62), Santi Mina (Nolito, min.57) e Charles

Villarreal CF: Asenjo, Mario, Musacchio, Trigueros (Pina, min.57), J.Costa, Bruno, Dorado, Aquino, Cani (Hernán Pérez, min.67), Jonathan Pereira e Dos Santos (Perbet, min.76).

Goles: 0-0.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Árbitro: Prieto Montero, do comité andaluz. Amonestou a Álex López, Aurtenetxe, Costas, Rafinha, Hugo Mallo, Bruno

Primeira vitoria do Dépor na casa

Como se agardaba, Fernando Vázquez introduciu cambios quer no once titular quer no deseño da equipa. Ficou no banquiño o espumoso Rudy -inane nas súas últimas prestacións- e no seu canto entrou no campo Juan Carlos, máis asociativo, máis pronto para dar a bola ao primeiro toque.

Repetiu Bergantiños como central dereito e o polonés Wilk escoltou a JuanDo na medular. Bergantiños, soberbio á hora de tomar a posición, deu solidez á equipa atrás. Insua, central esquerdo, estivo sinxelamente imperial.

O Dépor cedeu metros ao rival e xuntou máis as liñas, de acordo co novo libreto de Fernando. Mas tivo enormes problemas á hora de criar xogo en ataque. En realidade, con perigo só disparou unha vez entre os tres paus. Fíxoo o seu mellor futbolista, JuanDo, no minuto 15. Gol. Aí acabou todo.

Fernando tiña o partido onde quería. Para machucalo ao contra-ataque. Mais as contras non chegaron. Felizmente, para os de casa o Alcorcón tampouco estivo moi lúcido no ataque e o taboleiro de marcas xa non se voltou a mover.

Deportivo: Lux, Laure, Insua, Alex, Manuel Pablo, Wilk, Juan Domínguez, Culio, Juan Carlos (m. 82, Marchena), Arizmendi (m. 60, Luis) e Borja (m. 76, Bicho).

Alcorcón: Dani Giménez, Serrán, Babin, Rubén Sanz (m. 88, Martínez), Óscar Plano (m. 58, Sergio Prendes), Sergio Mora (m. 71, Juli), Pacheco, Cristian Alfonso, Fernando Sales, Ángel Sánchez e Nagore.

Árbitro: Francisco M. Arias López, do colexio cántabro. Amonestou por parte doDeportivo a Borja Bastón, Wilk e Insua.

Goles: 1-0, m. 15: Juan Domínguez.

O Celta suma un punto máis en Balaídos e o Dépor aprende a gañar en Riazor
comentarios