SEGUE INVICTO

O Celta rabuña un punto de Eibar (1-1)

Iago Aspas, logo dunha gran xogada de Jonny, foi o autor do gol do Celta no tramo final do partido. O gol de Eibar no minuto 2 de partido marcou o resto do encontro.

aspas-celebracion-ipurua-1516
photo_camera [Imaxe: RCCV]

O Celta abandona o liderado provisional da Liga logo do partido xogado a pasada noite contra o Eibar, de onde conseguiu rabuñar un punto. O encontro estivo marcado polo gol anotado polo Eibar no minuto 2 nun saque de esquina. Conforme pasaron os minutos, o equipo de Berizzo foi a máis e conseguiu dominar o xogo. Porén, malia as oportunidades, o Celta non era quen de superar a zaga local.

Coa entrada de Iago Aspas na segunda parte, os de Vigo foron cara arriba e crearon máis ocasións de gol. Aos 4 minutos do segundo tempo, Orellana estivo a piques de anotar un tanto. O partido puido complicárselle ao Celta de non ser pola gran parada de Sergio a un disparo de Bastón aos 13 minutos da segunda parte.

Aos 15 minutos da segunda parte, o colexiado, Pérez Montero, non sinalou unha man na área do Éibar tras un centro de Nolito. Os celestes seguiron intentándoo ante un equipo local repregado atrás. A falta dun cuarto de hora para o remate do partido xurdiu a xogada que lle deu o gol ao Celta. O tanto celeste chegou grazas a unha gran xornada de Jonny culminada por Aspas.

Ficha técnica

Eibar: Riesgo, Pantic, Capa, Inui (Simone, min.78), Sergi Enrich, Dani García, Dos Santos, Juncá, Borja Bastón (Arruabarrena, min.91), Saúl Berjón (Silvestre, min.68) e Adrián.

Celta: Sergio; Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Augusto, Pablo Hernández (Iago Aspas, min.46), Radoja (Wass, min.60), Orellana, Bongonda (Drazic, min.75) e Nolito.

Goles: 1-0, min.2: Borja Bastón; 1-1, min.76: Iago Aspas.

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amoestou Capa, Sergi Enrich, Dani García, Adrián, Dos Santos, Pablo Hernández, Radoja, Orellana e Augusto.

Comentarios